
Augaventura 2015 en Prado Surf
Augaventura 2015 en Prado Surf https://pradosurfescola.com/wp-content/uploads/2017/03/Augaventura-Outono-2015-Prado-Surf-Escola-742x1024.jpg 742 1024 PRADO SURF PRADO SURF https://pradosurfescola.com/wp-content/uploads/2017/03/Augaventura-Outono-2015-Prado-Surf-Escola-742x1024.jpg- Prado Surf
- sin comentarios
Un ano máis, Prado Surf Escola forma parte do programa Augaventura que promove o Campus do Mar da Universidade de Vigo. Nesta edición de outono, as condicións para poder formar parte deste programa orientado de cara a comunidade universitaria e:
Poden tomar parte no programa Augaventura
Só os membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) e das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.
Período de matrícula
Segundo o grupo márcanse distintas datas límite de inscrición
Procedemento de inscrición e pagamento
1º Realizar a inscrición en www.deportes.uvigo.es
2º Efectuar o pagamento:
• En liña, en www.deportes.uvigo.es mediante a tarxeta bancaria
• Presencialmente, nas entidades bancarias colaboradoras (Santander, Abanca e CaixaBank) presentando a folla de pagamento.
Outras consideracións sobre Augaventura
• Na modalidade de ingreso por folla de pagamento haberá un prazo de 48 horas para realizalo dende o momento da inscrición. De non facelo, perderase o dereito de matrícula
• Non se admitirá ningunha inscrición que non aporte toda a documentación solicitada
• Non se permitirá outra posibilidade que a inscrición telemática
• Todas as actividades teñen un número de prazas limitado e o sistema non permitirá realizar o pagamento bancario se as prazas xa están cubertas
• Só se devolverán as taxas no caso de anularse a actividade ou por motivos de forza maior que así o xustifiquen
• Para calquera dúbida ou cuestión, escribir un email a deportes@uvigo.es
BAUTISMOS DE SURF EN AUGAVENTURA OUTONO 2015
Lugar de celebración: Praia Patos (Nigrán)
Prezos: 3 € Voluntariado Campus Mar-TDU, 5 € Resto Comunidade Universitaria
Datos da empresa colaboradora: www.pradosurfescola.com
Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido)
Horario: a actividade comeza ás 16.00. Dura aproximadamente 2 horas
Transporte: non incluído. A empresa ATSA realiza o transporte público ata o lugar
Prazas reservadas: 30 máximo e 5 mínimo
Información precisa: o punto de encontro é a sede de Prado Surf Escola na Praia de Patos (Nigrán). Só é preciso levar un bañador/bikini, chanclas e toalla.
Periodicidade
Grupo 1: Domingo 27 setembro // Data Límite inscrición: 20 setembro
Grupo 2: Domingo 4 outubro // Data Límite inscrición: 27 setembro
- Publicado En:
- Campus de Surf
- Playa de Patos
- Prado Surf
Dejar una Respuesta